OLÍMPICO DE VED...'s profileCLUB OLÍMPICO DE VEDRAPhotosBlogListsMore Tools Help

CLUB OLÍMPICO DE VEDRA

olimpicodevedra@hotmail.com

atletismo

Katia Senín e Anxo Lema bronce no campionato galego infantil
 
Os dous "olímpicos", fixéronse co bronce en disco e 1000 metros lisos, mellorando así mesmo a súa marca persoal.
 
Exitosa a participación dos atletas do Olímpico  unha vez máis. O pasado 31 de maio nas pistas do Estadio Gregorio Pérez de Lugo, os vedrenses volveron a deixar alto o pavillón nunha xornada onde o nivel dos competidores era moi alto.
 
Anxo Lema conquistaba unha nova medalla, esta vez de bronce,  na proba dos 1000 metros lisos realizando márca personal ó parar o reloxio en 3:08, no que ven a ser unha gran participación se temos en conta que se trata dun atleta infantil de primeiro ano.
 
Katia Senín, tamén conquistaba unha medalla de bronce, estrenando así o seu palmarés autonómico e aumentando así xa ata 10 o número de deportistas do club con unha medalla autonómica individual. Para acadar ese bronce, que foi na proba de disco, Katia tivo que empregarse a fondo e mellorar a súa marca personal en case dous metros.
 
Estes dous atletas tamén competiron noutras probas, con menos sorte, pero non por iso deben deixar de mencionarse. Katia facia nos 80 metros valados sen acadar o paso á final e Anxo en lonxitude saltando 4,10 sen entrar na mellora.
 
Pero ademais deles outros 6 atletas vedrenses estaban clasificados para esta fase autonómica. Eran os casos de Daniel Bouzón e Pablo Martínez, que eran descalificados en 3 km marcha; Alex Sanín que acadaba un meritorio quito posto en marcha e en martelo non era quen de entrar na mellora e Nico Villanueva, que facía marca personal nos 1000 metros lisos e no lanzamento de xabalina, sendo 10º nos 1000. Pola banda feminina completaban a participación Alba Lema, que facía marca personal e un meritorio 5º posto en 3 km marcha, e Cristina García que tamen batía a marca persoal, o que lle valía para facerse coa 6ª praza nos 3000 metros lisos.
 
 
      
 
 

atletismo

Ana Prado e Raquel Vaamonde subcampionas galegas

 

As atletas do Olímpico fixéronse coa segunda praza en xavelina e tres quilómetros marcha. Inés Ferradáns bronce en Disco e Tatiana Suárez bronce en probas combinadas

 

O mes de maio está a ser espectacular para o Olímpico de Vedra, pois ós cinco podiums acadados o 2 de maio no galego de duatlón agora hai que engadir outras catro preseas de nivel autonómico acadadas esta pasada fin de semana, tres en Cangas no campionato galego cadete de atletismo e un en Lugo no campionato galego xuvenil de probas combinadas.

 

En Lugo, Tatiana Suárez facíase coa terceira posición no campionato de probas combinadas, que se celebraba na tarde do sábado 9 e a mañá do domingo 10 de maio. Con un total de 1665 puntos, Tatiana facíase coa terceira posición, acompañando no podium a Sonia Beceiro e Alicia Merino, dúas campionas de España desa disciplina.

 

En Cangas Ana Prado estrenaba o seu palmarés autonómico na xavalina con un lanzamento de 25,66 metros, que lle valía a medalla de plata, e quedando a dous metros da campiona Ibonne Martínez. Ana ocupaba asímesmo unha moi digna septima plaza no concurso de disco.

 

Raquel Vaamonde, con un tempo de 17:14:87, tamen se alzaba co subcampionato na proba dos 3 kilometros marcha, refrendando así unha excelente temporada, no que ven sendo o terceiro podium autonómico do ano.

 

Inés Ferradáns, facíase co bronce en disco, estrenando así o seu palmarés autonómico na categoría cadete. A atleta vedrense, pese a non ter un dos seus mellores días, facía un lanzamento con vento en contra de 23,59 metros. Do mesmo xeito completaba un bo concurso de xavalina ocupando a 4ª posición e a 6ª en peso.

 

Non desmerece tampouco, pese a non ter medalla, as excelentes participacións de Andrea Espiño e Andrea López. A primeira delas sufría un percance na carreira de 100 metros vallas, tropezando nunha delas nas semifinais, cando xa estaba con case medio pé na final. Despois unha saida nula impedialle rendir á súa altura nos 100 metros lisos. Pero finalmente, resarcíase con un meritorio 5º posto nos 300 metros valados obtendo marca persoal. Pola súa parte Andrea López ocupaba un meritorio posto nos 300 metros lisos, rebaixandolle á súa marca 5 segundos, mentres que nos 100 e 600 metros lisos tiña un día menos afortunado.

 

 

          

                                                               Raquel Vaamonde subcampiona en 3 km marcha

 

                         

                                                                                  Ana Prado, subcampiona en xavalina

 

                 

             Ines Ferradáns, bronce en disco                      Tatiana Suárez, bronce en combinadas

 

         

                                              Andrea Espiño afrontando os 100 metros valados

 

 

         

                                                                                 Andrea López nos 100 metros lisos 

 

TRIATLON

O Olímpico de Vedra campión galego cadete de duatlón

 

As atletas de Vedra proclamáronse campionas na categoría cadete feminina, e tamén acadaron o subcampionato na infantil feminina. A título individual: Anxo Lema subcampión infantil, Raul García subcampión alevín e Raquel Vaamonde bronce cadete.

 

Vedra está a descubrirse como unha das grandes canteiras do triatlón galego tal e como veñen demostrando os atletas do Olímpico xornada tras xornada, e como quedou refrendado o pasado sábado na localidade pontevedresa de Tomiño, sede do campionato galego de duatón nas categorías alevín, infantil e cadete.

 

O bagaxe dos vedrenses foi de cinco podiums, dous por equipos e tres individuais, reivindicando o seu sitio no panorama autonómico e superando a equipos de moita máis historia, tradición e recursos.

 

O maior éxito acadábano as duatletas da categoría cadete, que con un equipo de circunstacias integrado por Raquel Vaamonde, Andrea Espiño e Andrea López, as tres deportistas de primeiro ano na categoría, e coas baixas de Tatiana Suárez e Adriana Boo, facíanse co campionato galego por equipos, ó impoñerse ó Cidade de Lugo Fluvial e ó Fogar Triatlón Oleiros. Grande é o futuro destas duatletas, que xa este ano se fixeron tamén co cuarto posto no campionato de España da categoría. De entre as tres, a máis destacada foi Raquel Vaamonde, que acadaba o terceiro posto, despois de sufrir máis da conta no último tramo da carreira, momento ata o cal estaba a loitar polo primeiro posto, pero merecen especial relevancia tamén as actuacións de Andrea Espiño 12ª e Andrea López 14ª.

 

Baixando un peldaño, á categoría infantil, pódese comprobar que o seguinte eslabón da canteira goza de excelente saude. As duatletas infantiles acadaban o subcampionato, por detras da Sociedade Atlética San Miguel de Oia e impoñéndose á Asociación Deportiva San Roque de Viveiro. As catro integrantes deste equipo Cristina García 5ª, Alba Lema 9ª, Noelia Arias 15ª e Katia Senín 20ª, raiaban a gran nivel pero non lograban subir ó podium de xeito individual.

 

Na mesma categoría pero no sexo masculino, Anxo Lema acadaba o subcampionato nunha excelente carreira que se decidiu ó sprint e onde se impoñía Miguel Quintela, un ano maior que el. Execelente o traballo deste equipo tamén pois a Anxo secundábano, Daniel Bouzón 18º, Alex Sanín 24º e Pablo Martínez 26º, e que a pesar de sufrir a baixa de Nico Villanueva, e ser na súa meirande parte duatletas de primeiro ano na categoría, acadaban un meritorio cuarto posto.

 

Xa por último na categoría alevín Raúl García acadaba o subcampionato individual, completaba a participación Sara García en 15º lugar.

 

Con este campionato ponse fin á tempada de duatlón, xa pensando na cercanía da tempada de triatlón, que é o próximo obxetivo da canteira vedrense.

                 

     Olímpico cadete feminino. Campión Galego          Raquel Vaamonde. Bronce galego de duatlón

 

      

                    Olímpico infantil feminino. Subcampión galego de duatlón 2009 

 

             

                                      Raúl García. Subcampión galego alevín                                      

 

                                

                                     Anxo Lema. Subcampión galego infantil 

 

 

         

                                 A expedición do Olímpico de Vedra nos galegos

TRIATLÓN

Raul García e Alba Lema campións provinciais de duatlon en idade escolar
 
O Olímpico de Vedra domina o provincial, ó acadar un campionato e dous subcampionatos por equipos. Ademais Cristina García fíxose co subcampionato e Raquel Vaamonde e Anxo Lema co bronce
 
 

triatlón

Miguel Daporta 11º absoluto na proba de grupos no Campionato de España de duatlón celebrado en Vigo e 7º no seu grupo 

TRIATLÓN

Jose Aragunde e Iñigo Silva cumplen con nota no Medio Ironman de Lisboa

TRIATLON

O Olímpico de Vedra acaricia o podium no campionato de España cadete de duatlón
 
Excelente debut nacional das duatletas vedrenses, que remataron como cuarto equipo cadete feminino a 54 segundos do podium.
 
Non puido ser mellor a participación das duatletas do Olimpico de Vedra no campionato de España de duatlón cadete e junior, que se celebrou este domingo en Teruel. 
 
As duatletas do Olímpico de Vedra rendiron a un nivel espectacular facendose co cuarto posto da clasificación xeral por equipos, sendo ademais o primeiro equipo galego por diante do Cidade de Lugo Fluvial, e a tan so 54 segundos do terceiro posto que ocupou o triatlon Albacete, nunha proba na que o vencedor por equipos foi o Tragaleguas de Cheste e o subcampión o Triatlón Ceuta.
 
As atletas do Olimpico rediron a un nivel moi alto de xeito individual : Raquel Vaamonde rematou decimosegunda nunha carreira na que foi de menos a mais, e que apuntalou nun bo segundo segmento de bicicleta e un excelente terceiro segmento a pe. Andrea López foi vixesimoseptima, nun proba na que a tendencia tamen foi de menos a mais. Andrea Espiño, rematou vixesimonovena, realizando dous grandes parciais a pe a pesar de sufrir mais da conta na bicicleta, o que adoita ser o seu segmento forte. Adriana Boo foi trixesimo segunda, nunha carreira tamen de menos a mais, que se veu truncada por unha avería na bicicleta e Tatiana Suarez trixesimo terceira, que pese a non chegar moi ben á primeira transición estaba a protagonizar unha excepcional remontada na bicicleta ata que sufriu unha caida, nembargantes acabou bravamente.
 
A pesar de todos estes percances o debut das vedrenses soamente merece o calificativo de impresionante, pois brilaron a gran altura superando a equipos de grandes cidades e competindo ó primeiro nivel nacional.
 
Rematado este campionato estes duatletas xa pensan na seguinte proba, que terá lugar en Vedra o vindeiro domingo 26 de abril á mañá, no campionato provincial de Duatlon, e que constituira unha oportunidade de ver competir na comarca a todos estes atletas promesas, que xa foman parte da elite nacional
        O equipo: Andrea Espiño, Raquel, Tatiana, Adriana e Andrea López
 
            As integrantes do Olímpico nos intres previos a tomar a saída

triatlon

O Olímpico de Vedra sexto equipo absoluto no duatlon de Monforte.
 
Un excepcional Jose Aragunde 14º en élite clasifícase para a fase final do campionato galego élite. Miguel Daporta e Gonzalo Sanmartín primeiro e segundo na proba de grupos de idade.

TRIATLON

Anxo Lema gaña o duatlon escolar Cidade de Santiago
 
O Olímpico campión infantil masculino e subcampion infantil e cadete feminino. Raul García e Cristina García logran a 2ª plaza mentres que Raquel Vaamonde conquista o terceiro posto.

triatlon

O Olímpico acada o sexto posto absoluto masculino no Duatlón Cidade de Santiago
 
There are no photo albums.
ACTUALIDADE
ACTUALIDADE
ACTUALIDADE
Benvidos ó blog do Club Olímpico de Vedra
Please wait...
Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
You didn't enter anything. Please try again.
Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
Your parent has turned off comments.
Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
Complete the security check below to finish leaving your comment.
The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.

Xbox Live Recent Games

An error occurred loading this module.

Xbox Live GamerCard

An error occurred loading this module.